Sunday 05 de May de 2024

Adxudicación provisional dun novo tramo de beirarrúas de 230 metros de longo na rúa Alcalde Fernández Bermúdez de Riveira


A actuación conlevará un investimento superior aos 93.000 euros

O Concello de Riveira informa de que hoxe a xunta de goberno local aprobou a adxudicación provisional (clasificación) dunha nova actuación consistente na construción dun tramo de beirarrúas de 230 metros de longo na rúa Alcalde Fernández Bermúdez, o que suporá un significativo aumento da seguridade viaria.

A empresa mellor clasificada no proceso de licitación resultou ser Tarrío y Suárez, S.L.. O prezo ofertado, de 93.256.93 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses e medio.

Na zona en cuestión a calzada conta un pavimento asfáltico e dous carrís de circulación. Sen embargo, conta con partes carentes de beirarrúas tendo que transitar os peóns por un pavimento de terra.

Pluviais
Tampouco existe rede de pluviais, circulando a auga da chuvia pola superficie de paso peonil e a calzada e anegando en ocasións as fincas colindantes.

Con tal motivo, o proxecto elaborado polos técnicos municipais persegue por unha parte a construción de 230 metros lineais de beirarrúas (para o cal o material elixido é o de baldosa hidráulica de 33×33 centímetros con 25 tacos de cor gris e bordillo prefabricado de formigón) pretendéndose conseguir un ancho mínimo de entre 1,50 e 2 metros.

E en segundo lugar, instalarase unha rede para drenaxe de pluviais consistente na instalación dunha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e arquetas sumidoiros ao longo do percorrido das beirarrúas e paralelo ás mesmas.